A Carreira Popular de Meaño cumpre 34 edicións este setembro

MEAÑO> A 34 Carreira Popular de Meaño, que se celebrará o vindeiro 9 de setembro, terá como padriños de luxo a Víctor Riobó e Raquel Meaños. Ambos deportistas estiveron na presentación do evento, que tivo lugar na espectacular Quinta de San Amaro, e no que tamén estivo presente a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha.
Menos de dúas semanas quedan para a celebración da XXXIV edición da Carreira Popular de Meaño. Onte, nunha coidada presentación na Quinta de San Amaro, coñecíamos aos seus dous padriños de este ano; Víctor Riobó y Raquel Meaños. Ambos deportistas destacaron o bo nivel deportivo da proba meañesa.
Os gañadores absolutos, tanto en homes como en mulleres, recibirán 300 euros máis o seu peso en botellas de albariño Paco&Lola, como novidade entregarase unha unha gorra deportiva bordada en cor ouro e que acreditará o título de gañador da XXXIV Carreira Popular 2018. Pola súa banda os segundos, percibirán 200 euros e un fin de semana para dúas persoas en hotel Quinta de San Amaro; e os terceiros, 100 euros, e unha cesta.
A carreira que se celebrará o 9 de setembro as 11h terá un circuíto de 6,5 km. Aínda continúa o prazo aberto para inscribirse ata o vindeiro 6 de setembro as 23:59 da noite, poden facelo en championchinorte.com.