Rianxo vila solidaria

RIANXO> Ao igual ca o resto de municipios gobernados polo BNG, ofrécese para a acollida dos refuxiados que viaxan no ‘Aquarius’. Ata un total de cinco dos seiscentos inmigrantes refuxiados rescatados no mar Mediterráneo, que viaxan abordo do buque ‘Aquarius’, poderían ser acollidos en Rianxo. O Concello amosou a súa disposición a recibilos e darlle solución a unha traxedia que dura xa días. Segundo o alcalde, Rianxo xa fora un dos municipios que se ofrecera no seu día para dar acubillo tamén ós refuxiados sirios, grazas tamén ó ofrecemento dunha empresa hostaleira local.