Éxito de participación no III Encontro de Saberes e Sabores

LOUSAME> O campo da festa de San Roquiño, en Lousame, quedouse pequeno para acoller ós milleiros de persoas que se achegaron para participar no terceiro Encontro de Saberes e Sabores. Ó tradicional mercado artesán sumouse este ano, por primeira vez, a festa da froita para poñer en valor as especies autóctonas. Como vén sendo habitual celebrouse tamén o roteiro do Camiño no Mercado. Máis de duascentas persoas sumáronse a esta ruta na que ó longo de tres horas se realizaron diversas representacións teatrais.