O pintor Antonio Pérez clausura a mostra sobre o Dolmen agasallando ós colaboradores

RIBEIRA> O pintor Antonio Antonio Pérez entregou varias obras ós artistas e institucións que colaboraron na exposición sobre o Dolmen de Axeitos que permaneceu exposta no Centro Cultural Lustres Rivas durante o mes de agosto. A exposición ‘Homenaxe ó Dolmen de Axeitos’ que durante o mes de agosto permaneceu exposta no Centro Cultural Lustres Ribeira pechou as súas portas con grande éxito de público e de crítica. Durante o acto de clausura, o autor da mostra, Antonio Pérez, quixo ter un recoñecemento cos colegas de profesión que colaboraron para facer posible esta exposición entregándolles a cada un unha obra súa. Ademais de Manuel Ayaso, Xerardo Agrafoxo, Maralla e Xoán Fernández o pintor agasallou tamén ós escritores Antonio Piñeiro e Unai González.  Tamén as administracións colaboradoras recibiron un exemplar. Ánxela Franco recolleu o destinado á Deputación da Coruña, responsable da edición do catálogo, e Emilio Pérez, tenente alcalde de Ribeira, recibiu outra das pinturas en representación do concello.