A filosofía pontevedresa sobre mobilidade faise un oco na norma da DXT

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/regulamento_trafico_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/regulamento_trafico_pontevedra.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> Pontevedra consegue trasladar parte da súa filosofía en mobilidade á Lei de Tráfico e ao Regulamento de Circulación. A Dirección Xeral de Tráfico incluíu algunhas das propostas feitas polo concello na nova norma, dirixidas sobre todo á mellora da seguridade viaria e á regulación de mobilidades alternativas á circulación motorizada.

A petición da DXT, Pontevedra enviou un documento de 21 páxinas con propostas para a nova normativa de circulación.

Entre elas, o concello fixo fincapé na regulación das mobilidades alternativas á circulación motorizada, como é o caso das bicicletas e dos peóns.

O documento pontevedrés tiña obxectivos máis ambiciosos, como o de redefinir o código de circulación. Non o conseguiron, pero si que se tomaran en conta algunhas das súas propostas.

Na actualidade, Pontevedra está recoñecida como unha das cidades con maior seguridade viaria. Segundo Mosquera, isto non se debe a medidas espectaculares.

Entre estas actuacións, o concelleiro destacou o “Ollomóbil”, unha das últimas medidas tomadas por Pontevedra e que está a dar, segundo asegurou, excelentes resultados no control dos estacionamentos.