BOIRO> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou esta mañá as obras nas que se investiron máis de dous millóns de euros. Integrada no Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, a actuación levada a cabo no rio Breiro supuxo un avance importante en diferentes aspectos. O máis destacable é que permitiu resolver os problemas que presentaba a rede de recollida de augas fecais e pluviais na zona, mediante un separativo, procedendo ademais a renovación do colector alí existente. Pero sen dúbida, o máis significativo, como sinalou a propia Conselleira durante a súa visita foi o procedemento empregado, ó tratarse dunha actuación de gran singularidade, de referencia en Galicia, na que se aplicaron técnicas de drenaxe urbano sostible. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, destacou tamén a importancia do proxecto, que posibilitará a eliminación de varios puntos de vertido, cos conseguintes prexuízos medioambientais que causaban. A actuación, ademais da súa importancia medioambiental, destaca tamén pola súa integración na paisaxe, coa construción dun espazo verde e un paseo fluvial de algo máis dun quilómetro de longo que unirá o casco urbano coa praia de Barraña. Espazo no que non falta nin o mínimo detalle, con paseos e pontes de madeira, mobiliario en todo o percorrido e unha coidada iluminación para disfrute de veciños e visitantes.
Inicio crb