A Dirección Xeral de Enerxía non autoriza os depósitos de gas no Corrillo

BOIRO> A Dirección Xeral de Enerxía non autorizará a instalación dos depósitos de gas no Corrillo, en Boiro. A empresa traballa xa dende hai tempo na busca dunha ubicación alternativa posto que non chegara a acordo cos propietarios para o aluguer da parcela. Tralo anuncio do Director Xeral de Enerxía de que non se autorizará a instalación dos depósitos de gas natural no Corrillo, o alcalde de Boiro aclarou que nin a empresa nin o propio concello tiveron coñecemento desta decisión. A este respecto, o rexedor amosouse bastante crítico cos argumentos esgrimidos pola Xunta para desautorizar o proxecto. É é que se ben a Xoán Xosé Dieste tampouco lle gustaba a zona do Corrillo para esta instalación, si defendeu a súa total inocuidade. Neste punto, puxo varios exemplo de instalacións similares noutros puntos do concello ou noutros municipios que levan máis de dúas décadas funcionando sen risco algún. Segundo o a lcalde, as auténticas razóns de que o proxecto non siga adiante na parcela residen na falla de acordo entre a empresa e os propietarios da parcela en relación ó alugueiro da mesma. É por iso que dende hai tempo, a empresa busca xa unha ubicación alternativa. Dende o concello lembran ademais que a autorización deste tipo de instalación dependen unicamente da Xunta posto que á administración local tan só lle compete informar sobre a catalogación urbanística dos terreos.