Pontevedra> Setembro deixou unha ocupación media do 72,61 por cento na provincia. Trátanse duns datos, segundo a Presidenta da Deputación, excelentes para Pontevedra. Uns datos que poñen enriba da mesa o bo facer da institución provincial, dos concellos e da hostalería nas Rías Baixas.
A presidenta quixo amosar nesta xornada a súa satisfacción polos datos que o turismo deixou na provincia de Pontevedra durante o mes de setembro, acadando unha ocupación media do 72,61 por cento.
Por comarcas o Salnés chegou ao 76 por cento, Pontevedra ao 87,5 e Caldas ao 92 por cento. Datos positivos que tamén se repiten no turismo rural onde a ocupación chegou ao 50 por cento no mes de setembro.
Con todo, a presidente agarda que o mes de outubro tamén deixe datos positivos para a provincia, xa que se trata dun mes que conta coa celebración de festas gastronómicas importantes como é a do marisco, no Grove.