A Xunta busca unha ‘fórmula de consenso hospitalario’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/conselleiro_sanidade_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/conselleiro_sanidade_ponte.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA>  A Xunta traballa nunha fórmula de consenso hospitalario para Pontevedra. Así o anunciou esta mañá o Conselleiro de Sanidade no marco da inauguración dunha exposición conmemorativa do vintecinco aniversario do SERGAS. Segundo Jesús Vázquez Almuíña, a consellería non abandona a idea dun novo hospital en Montecarrasco, pero buscan alternativas ante a oposición de diferentes sectores.

Sanidade non abandona a idea de construír un novo hospital en Montecarrasco para Pontevedra. Porén, segundo asegurou esta mañá o conselleiro, a forte oposición que espertou o proxecto na cidade fíxoos buscar unha fórmula de consenso.

Vázquez Almuíña traballará nesta opción cos diferentes actores a partires da vindeira semana. O responsable de Sanidade iniciará unha segunda rolda de reunións co alcalde e con representantes sindicais, profesionais e veciñais para buscar o consenso.

Quen se mantén firme na súa postura é o alcalde capitalino. Miguel Anxo Fernández Lores asegurou que a súa intención é insistir ao conselleiro en que a opción escollida sexa investir no Hospital Montecelo como hospital único, ampliando as instalacións con cartos completamente públicos.