Muros organiza un curso de actividades acuáticas para bebés

MUROS> A actividade, que se realiza a través do Servizo de Normalización Lingüística dentro do programa Apego, desenvolverase na piscina municipal durante os meses de novembro e decembro. A alcaldesa animou ás familias a participar nesta actividade. As inscricións para o curso, que será totalmente gratuíto, poderán realizarse a partir do próximo 22 de outubro no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 76 22 94 ou a través da sede electrónica do propio Concello.