Os nenos, protagonistas na XI Semana da Cultura

josejuanduran1.jpgVILANOVA > A XI Semana da Cultura de Vilanova inclúe obradoiros valleinclanianos e teatro para nenos …

… O concelleiro de Cultura de Vilanova foi o encargado de presentar hoxe o programa desta undécima edición da Semana da Cultura que se desenvolverá do 22 ó 28 deste mes.

Os nenos serán protagonistas especiais na undécima Semana da Cultura de Vilanova. As actividades arrancan este domingo cun cásting humorístico a xeito de prólogo e cunha representación teatral de ‘La cabeza del Dragón’ de Valle Inclán a cargo do Grupo de Teatro Indantil ‘Teatris Tras’ de Vilanova. Será ás sete da tarde na casa de cultura do Esteiro, xusto antes do Recital Poético infantil. Pero o máis destacado será o Obradoiro Valleinclaniano que se desenvolverá nas diversas casas de cultura do municipio. Os traballos exporanse o xoves na Casa de Cultura do Esteiro.

semanaculturavilanova_200_191006.jpg‘Valle Inclán nas rúas de Vilanova de Arousa’ é o subtítulo desta Semana da Cultura, que desde o seu nacemento hai once anos está aberta á participación dos veciños e diversos colectivos do municipio. Ademais das actividades destinadas ós nenos, nesta edición o Concello aproveitará para presentar diverso material promocional da Casa Museo Valle Inclán, o mércores, ou a presentación do libro ‘Femeninas’ de Xaquín Núñez, Premio Valle Inclán 2004, que será o xoves.

Como sempre celebrarase a lectura pública ‘Cen voces para lembrar a Valle Inclán’, na Casa Museo o venres 27 de dez e media a oito da tarde. Ó remate representarase ‘Galicia máxica’ de Monicreques de Kukas, na Casa de Cultura, co patrocinio da Fundación Valle Inclán. O programa clausurarase coa entrega dos premios Valle Inclán 2006 no Concello e a posterior ofrenda floral no monumento ó escritor na Praza do Castro.

Redacción Salnés