Ribeira supera en máis de trescentos euros a renda per cápita galega

RIBEIRA>  Segundo os datos publicados pola Axencia Tributaria, a capital barbanzá lidera o ránking non só da comarca senón de toda Arousa. A renda bruta media de Ribeira, segundo os datos publicados pola Axencia Tributaria correspondentes a 2016, sitúase en vinte e tres mil sesenta e seis euros. esta cifra supera a media galega en trescentos catro euros e supón un importante incremento dos ingresos por habitante durante os últimas anos. Dende o 2013, cando se publicou por primeira vez os datos do IRPF por concellos, ten medrado en máis dun nove por cento. Na comparativa co resto dos concellos do Barbanza e de toda Arousa, Ribeira segue á cabeza, por diante de municipios como Vilagarcía con algo máis de vinte e un mil euros por habitante ou A Pobra que rolda os vinte mil cincocentos. A lista complétana Noia, Sanxenxo, Porto do Son, Boiro, Catoira, Rianxo, Cambados e O Grove. Á cola figuran Vilanova de Arousa con dezasete mil euros e A Illa con catorce mil seiscentos.