O parque acuático máis grande de Galicia estará en Meis

MEIS> O Aquapark de Meis está cada día un paso máis cerca de converterse en realidade. A pasada semana a Xunta de Goberno local aprobou o proxecto de urbanización, que actualmente está en período de exposición pública durante un mes. O alcalde de Meis, espera que a primeira instalación de este tipo na provincia, e polo que se espera a máis grande de Galicia, este lista este verán.

O Aquapark de Meis está cada día máis cerca de ser unha realidade. A semana pasada a Xunta de Goberno Local aprobaba o proxecto de urbanización de esta instalación, que actualmente está en período de exposición pública. A pesar de que queda pouco marxe ata o verán, o alcalde espera que o parque este a pleno rendemento este verán.

Sinalar que a instalación será a máis grande de este tipo en Galicia e tamén do norte de Portugal. O aquapark estará composto por unha área recreativa de 70.000 metros cadrados, con espazos diferenciados e capacidade para uns cinco mil usuarios.

Natural Meis ou Parque da Auga son dous dos posibles nomes para o parque acuático, sinalar que o emprazamento elixido é unha canteira abandonada no lugar de Penente. Os terreos pertencen a comunidade de montes, que os aluga por 20.000 euros anualmente, cunha duración de 29 anos, prorrogables.

Dende o concello creen que este novo servizo vaise traducir nun importante revulsivo económico para o municipio. Segundo os datos que manexan dende o concello a inversión superará os nove millóns de euros e crearán uns 80 postos de traballo, que prioritariamente cubrirán con veciños do municipio.