Caridad González solicita unha nova actuación de urxencia na Vouga

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/14/concellomurosdesprendementosvouga1405141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/14/concellomurosdesprendementosvouga140514.mp4{/flowplayer} MUROS> Esta semana volveu a producirse o desprendemento dunha pedra de grandes dimensións á estrada que une Muros e Fisterra. Os pasados temporais de xaneiro provocaron importantes desprendementos na estrada AC-550, que une Muros e Fisterra, ó seu paso polo lugar da Vouga, que fixo necesario unha actuación de urxencia por parte da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de cara a solucionar este problema. Daquela a Axencia Galega de Infraestruturas determinou a realización de diversas obras de mellora e contención dos noiros para evitar a caída de terra e pedras á calzadas. Varios meses despois desa actuación, na mesma zona, aínda que nun punto no que non se actuara, volveu a producirse a caída dunha pedra de grandes dimensións á estrada. A alcaldesa muradá considera necesaria unha nova actuación urxente nesa zona, xa que se trata dunha estrada moi concorrida, co conseguinte perigo para os múltiples condutores que por ela circulan.