VILAGARCÍA> Finalmente o Arousa Fútbol 7 abandona Vilagarcía despois de máis de 13 anos celebrándose na capital de Arousa. A organización achaca esta situación a falta de comunicación con Ravella.
O Arousa Fútbol 7 non se celebrará en Vilagarcía, como si se fixo nos últimos anos. Así o afirman dende a organización do torneo deportivo alevín. Os desencontros co concello son segundo, Alberto Diz, voceiro da organización o motivo principal de esta situación.
O certo é que esta é a única novidade con respecto ao evento deportivo que cada ano trae a centos de futbolistas alevíns a Arousa, xa que se falaba da posibilidade de que o mesmo se trasladase a Sanxenxo, dende a organización non desbotan esa posibilidade, aínda que admiten que non é a única.
Diz negou na súa comparecencia que a colaboración de Ravella fora boa e afirma que minten cando, o concello asegurou en nota de prensa que a organización lles esixira 65.000 euros para quedarse en Vilagarcía.
A organización do Arousa Fútbol 7 afirman que dende aquela última reunión non houbo máis contacto entre o concello e a organización.