RIANXO> O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, valorou de xeito moi positivo a decisión de Portos de desafectar boa parte da fachada portuaria, no tramo comprendido entre o peirao de Setefogas e a praza da Manuela. Segundo explicou trátase dunha zona cun emprazamento estratéxico para o Concello, cun carácter xa urbano, e sen apenas uso portuario.
O alcalde confía tamén en que Portos actúe de xeito semellante coa zona portuaria existente a carón do auditorio municipal, un espazo en cuestión para o que o Concello ten en mente xa varios proxectos.