A RAG participa da homenaxe a Cabanillas

rag_cambados100.jpgCAMBADOS> A Real Academia Galega tamén se sumou ás homenaxes que se ofrecen desde Cambados a Ramón Cabanillas, falecido hai cincuenta anos.

{flowplayer}images/salnes/rag_cambados.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> A Real Academia Galega tamén se sumou ás homenaxes que se ofrecen desde Cambados a Ramón Cabanillas, falecido hai cincuenta anos. O sábado os seus membros celebraron en Cambados unha sesión plenaria extraordinaria.

No acto interviñeron destacados académicos, como os escritores Xosé Luis Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Víctor Freixanes ou Xosé Neira Vilas; a creadora audiovisual Margarita Ledo; o filólogo cambadés Francisco Fernández Rei; ou o historiador e presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro.

O alcalde Luís Aragunde lembrou que esta foi a terceira visita da RAG a Cambados e todas elas en relación con Cabanillas, quen fora membro das Academias tanto galega como española. A primeira visita foi en 1960, cando se inaugurou o monumento da Calzada, e a segunda en 1976, ano en que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Cabanillas. O alcalde repasou os actos deste Ano Cabanillas, que culminará coa edición dun libro cos seus poemas.

Os membros da Academia foron recibidos polo alcalde na casa consistorial e logo trasladáronse ata o paseo da Calzada onde fixeron unha ofrenda floral e poética ante o monumento a Cabanillas. Foron os actos previos ó pleno da RAG, que rematou coa interpretación do himno galego a cargo do gaiteiro Xaquín Xesteira.

Redacción Salnés