A familia de Luís Rei cede ao Concello de Cambados o legado do historiador

CAMBADOS> O legado de Luís Rei xa está en mans do Concello de Cambados. Esta mañá a filla do historiador e escritor foi o encargada de entregar todo o material que posuía o seu pai sobre Ramón Cabanillas.

Dentro destes arquivadores hai un auténtico tesouro. É o legado do intelectual, historiador e escritor Luís Rei, que agora pertence ó Concello de Cambados. Esta mañá tivo lugar a entrega oficial de todo este material por parte da familia.

O material entregado é o resultado de 20 anos de investigación centrada na figura de Ramón Cabanillas. Un intenso traballo que permitiu, entre outras cousas, crea-la biografía do ilustre poeta cambadés. O traballo de selección de todo este material, tanto escrito como en soportes audiovisuais, correu a cargo de Emilio Ínsua.

O Concello, pola súa banda, recibe este legado cos brazos abertos. O acto de entrega do material tivo lugar na biblioteca Luís Rei. Alí vai estar conservado ata que poida ser trasladado no futuro á Casa da Calzada, para que está en marcha un proxecto de musealización.