A Deputación aproba de maneira definitiva os orzamentos 2019

PONTEVEDRA> A deputación de Pontevedra aprobou no pleno celebrado esta mañá os orzamentos para o 2019 de maneira definitiva, despois de debater a emenda á totalidade presentada polo Partido Popular.

Os orzamentos da deputación para o 2019, aprobados de maneira inicial o pasado 23 de novembro, volvían esta mañá ó pleno para a súa aprobación definitiva, despois de que os populares presentaran unha emenda á totalidade acompañada de alegacións.

López Font comezou o debate indicándolle á oposición que se presentan unha emenda á totalidade deberían ter presentado tamén un orzamento alternativo e non un listado de propostas.

Dende o PP responderon que a emenda foi aceptada en tempo e forma e que recollía as demandas dos pontevedreses. Na súa intervención, Elena Muñoz enumerou as alegacións presentadas.

Dende o goberno provincial defenderon novamente que os orzamentos son os mellores ata o momento.

Sometidos novamente a votación, os orzamentos foron aprobados con 14 votos a favor, 11 en contra e unha abstención.