PONTEVEDRA> Os resultados das eleccións municipais en Pontevedra non lle foron sobre rodas ao candidato do BNG á alcaldía, Miguel Anxo Fernández Lores, que recoñeceu que lle saíron mal as contas. Os seus principais competidores tiraron de enxeño precisamente sobre rodas nas campañas electorais. O primeiro foi Rafa Domínguez, do PP, que levou a súa “Rafaneta” polos principais espazos da cidade. O segundo Tino Fernández, do PSdeG-PSOE, que colocou na Peregrina a súa simbólica “VesTino” para achegar as propostas socialistas á cidadanía. As estratexias resultaron e medraron 2 edís os populares e 1 os socialistas.
Lores segue sendo o candidato máis apoiado en Pontevedra. Os prognósticos máis favorables erraron ao sinalar que podería estar, tras 20 anos no poder, ante a súa primeira maioría absoluta. Precisaba 13, tiña 12 e finalmente caeu un: perde apoios, traducidos en 500 votos menos respecto a 2015. Lores recoñeceu que “as contas nos saíron mal” e denunciou a “ofensiva” vivida nos últimos días de campaña “por parte do PP e de ENCE”. Finalmente, falando estritamente de resultados, o mellor non estivo por vir.
#Contrastes26M Declaracións de @Lorespontevedra, que perde un edil e queda con 11 co escrutinio xa ao 100%. “Tivemos un éxito importantísimo. Perdemos un edil: saíron as contas moi mal e tivemos unha ofensiva na recta final”.
DIRECTO ▶️ https://t.co/ZKGuzhIsC3 #Elecciones26M pic.twitter.com/OFZpqSd0it— Canal Rias Baixas (@canalriasbaixas) 26 de mayo de 2019
O Partido Popular gañou dous edís trala substitución de Jacobo Moreira por Rafa Domínguez e sitúase como principal partido da oposición con 9 edís. Domínguez valorou positivamente os resultados “nun contexto complicado para o noso partido”.
#Contrastes26M Primeira valoración de @RafaDominguezPo: “Tivemos un resultado do que nos sentir satisfeitos nun contexto complicado para o PP. É un espaldarazo importante”.
DIRECTO ▶️ https://t.co/ZKGuzhIsC3 … #Elecciones26M pic.twitter.com/RVZnIdYfxi— Canal Rias Baixas (@canalriasbaixas) 26 de mayo de 2019
O PSdeG-PSOE, con Tino Fernández como cabeza de cartel, finalmente logrou 4 edís fronte aos 3 de 2015 e amósase seguro de que “teremos un papel fundamental na formación dun goberno de progreso” na Boa Vila.
#Contrastes26M Primeiras reaccións de @tinoafg, candidato do @PSOEPonte: “O noso partido medra e seremos decisivos á hora de formar un goberno de progreso para #Pontevedra”
DIRECTO ▶️ https://t.co/ZKGuzhIsC3 #Elecciones26M pic.twitter.com/s4FfvUoPLe— Canal Rias Baixas (@canalriasbaixas) 26 de mayo de 2019
Pouco éxito entre as candidaturas máis pequenas
A fichaxe da antiga tenente de alcalde Teresa Casal por Marea Pontevedra, coa escisión de Podemos-EU Son En Común, pintaron un panorama desolador. Non sumaron antigos apoios socialistas nin a suma das listas se achegou aos votos obtidos en 2015. Así, as novas formacións de esquerdas desaparecen da corporación provincial. Tampouco Compromiso por Galicia ou Vox puideron obter nada. Pero si Ciudadanos, que agora con Goyo Revenga mantén o lugar que ocupaba María Rey.