As obras da rúa Loureiro Crespo de Pontevedra poderían comezar de xeito inminente

PONTEVEDRA> En Pontevedra, o alcalde mantivo hoxe unha xuntanza cos técnicos municipais para reactivar todas as obras que sexa posible.  Entre eses traballos, salienta o inicio da reforma de Loureiro Crespo. O rexedor asegura que se están a estudar tódalas medidas necesarias para garanti-la seguridade dos obreiros e tamén dos veciños das zonas nas que se pretende actuar.

Pontevedra traballa para reactiva-las obras que quedaron freadas pola crise do coronavirus. Co regreso da actividade non esencial, o alcalde da cidade mantivo esta mañá unha xuntanza cos técnicos municipais para poñer en marcha todas as obras que sexa posible, tanto de empresas concesionarias como de firmas con contratos en marcha ou con novos contratos.

O rexedor indica que a prioridade é poder retoma-la actividade garantindo a seguridade dos traballadores e dos veciños das zonas nas que se vai actuar.

Na parte urbana de Pontevedra, Lores conta con retoma-las obras da Ponte do Burgo. Tamén ve posibilidades reais de inicia-la reforma de Loureiro Crespo.

O rexedor tamén avanzou que se retomarán diversos traballos nas zonas rurais do municipio. Moitas das obras previstas retomaranse a semana vindeiras. Outras vano facer xa esta semana, como é o caso do saneamento de Verducido e actuacións de abastecemento en  Marcón e Salcedo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí