Paz Lago: ‘As primeiras contas en 5 anos que amosan luz’

PONTEVEDRA> O borrador dos presupostos do estado para 2014 que onte presentaba oi ministro de Facenda provocou unha riada de reaccións e valoracións en canto á súa repercusión local. Os primeiros en saír á palestra foron os propios integrantes do Partido Popular, nun intento de explicar o contido das contas sempre aludindo ó contexto da crise. No que toca a clave local, poucas actuacións con nome propio. Os maiores investimentos quedarán no Porto de Vilagarcía, na conexión da alta velocidade, ou en Pontevedra as obras de abastecemento de auga e a circunvalación. A reforma do Porto de Vilagarcía acapara o maior investimento que o estado realizará o próximo ano no Salnés. Tres millóns de euros cos que cubrir a ampliación do peirao de Ferrazo, o proxecto da terminal intermodal e outros gastos que figuran nas contas como xenéricos. Detrás del aparece a reforma da praza de abastos de Cambados, para o que se reservan case 560.000 euros aínda que o investimento inicial non se realizará ata dentro de dous anos. O demáis, infraestruturas viarias: as variantes de Valga e Pontecesures e a da Portela entre Chapa, A Estrada, e Vilagarcía de Arousa. No tocante a Pontevedra capital e arredores, salienta o investimento nas obras de abastecemento de auga, dotadas con 15 millóns de euros, e a circunvalación, para a que se reservan seis. Unha última obra de caldo que salpicará a estas comarcas como parte dun proxecto máis amplo é a extensión da Alta Velocidade. O AVE, do que non aparecen especificacións por treitos, e do que queda pendente a conclusión do viaduto sobre Catoira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/01/PRESUPOSTOPP011013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/01/PP_ORZAMENTOS_2014.mp4{/flowplayer}