A XX Festa das Uvas alegra a capital de Arousa con 12 horas de antelación

VILAGARCÍA> Os imaxinarios mundos do escritor Julio Verne invadiron Vilagarcía por unhas horas, neste último día do 2018. Como xa vai sendo tradición, visitantes e locais despediron este ano que remata con doce horas de antelación as portas de Ravella, con máis de 350 kg de uvas e 400 botellas de cava. A poucas horas de que remate o ano, en Vilagarcía xa comezaron a celebralo. As portas de Ravella enchéronse de cento de persoas con ganas de festa e de celebrar esa despedida adiantada de este 2018. A festa comezou de boa mañá con pasarúas polas distintas zonas da cidade, coas que se foi animando o ambiente de cara a gran celebración que tivo lugar na Praza de Ravella. Alí todos os presentes recibiron as 12h do mediodía o fin de ano… nada máis e nada menos que con 12 horas de antelación e con un pequeno problema… xa saben vostedes… cousas do directo… Moita alegría e gañas de pasalo ben foi o que nos atopamos na capital de Arousa. Máis de 350kg de uvas, 400 botellas de cava, mesmo iogures de Larsa, todo froito do esforzo, da colaboración e das ganas dunha cidade agradecida cos seus cidadáns e amable cos visitantes.