RIBEIRA> O Conselleiro de Emprego visitou esta mañá as instalacións do obradoiro de artesanía Frouma en Ribeira. Trátase dunha empresa especializada en pezas de deseño en madeira, que fíxose co Premio de Artesanía de Galicia en 2023.
A madeira das bateas das rías galegas cobra unha nova vida nas mans do artesán ribeirense Fran Millán. Nas instalacións de Frouma, o seu obradoiro, elabora pezas de mobiliario únicas que xa lle fixeron merecedor do Premio de Artesanía de Galicia en 2023.
O Conselleiro de Emprego acompañado da delegada territorial da Xunta na Courña, o director xeral de Comercio e a xerente de Artesanía de Galicia, coñeceu máis de preto o proceso de elaboración destas auténticas obras de arte.
Tamén o alcalde que acudiu á visita xunto con outros membros da corporación destacou o valor engadido desta firma que imprime ós seus produtos identidade propia.











