A supresión da escola de adultos indigna ós veciños do Son

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/07/mobilizacionmantementoclasesadultosportodoson0707141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/07/mobilizacion.mp4{/flowplayer}

PORTODOSON> O goberno sonense anunciou a supresión da escola de adultos do municipio, acción que indigna a veciños e veciñas. Os alumnos xa recolleron preto de 600 sinaturas para defender a súa continuidade. Esta formación conta co apoio da ex edil do Partido Popular, Asunción Torres.

Alumnos e alumnas da ESO de adultos de Porto do Son, concentráronse hoxe para reivindicar a continuidade das clases. Esta oferta formativa vense desenvolvendo dende hai tres anos, impulsada pola entonces concelleira de educación, Asunción Torres. No pasado mes de maio, a concelleira foi destituída e teme que, con esta acción, queiran borrar o seu paso polo concello. Na actualidade, hai matriculadas preto de 50 persoas, co obxectivo de acadar un título que lles permita seguir formándose ou lles abra as portas a un posto de traballo. Moitos deles, ben por falta de cartos ou de tempo, non comezarían estudios semellantes se non existise esta oferta dentro do concello. Todos os presentes, uniron as súas voces para reclamar a continuidade das clases de adultos, que tantos beneficios lle supuxeron a veciños e veciñas. Entre o alumnado que alí se atopaba, puidemos escoitar numerosas historias de superación persoal. Unha das profesoras mostrouse indignada, co goberno de Porto do Son, polo trato que lle propuxeron. A concentración contou co apoio da oposición. Alí estiveron presentes os voceiros do PSOE e do BNG. Ánxela Franco, voceira nacionalista, lamenta que o concello non poida ofertar titulacións que logo solicitará para todos os seus postos de traballo.