SANXENXO> Os escolares do CEIP da Florida, en Sanxenxo, xa poden desfrutar das melloras que se levaron a cabo neste centro que se centran na mellora da instalación eléctrica e a dúas cubertas nas zonas exteriores. Diferentes autoridades locais e provinciais visitaron as instalacións de este centro.
O CEIP A Florida necesitaba corrixir varios defectos que presentaba a instalación eléctrica a causa do paso do tempo, polo que dende a Consellería de Educación levouse a cabo unha nova liña de acometida libre de halóxenos, unha reforma dos cadros eléctricos de protección e o cambio de tódalas liñas de distribución a cadros secundarios. Tamén se instalaron luminarias de emerxencia. Investíronse máis de 184.000 euros destinados a distintas melloras, como a reposición dun muro, a renovación do grupo térmico ou a construción dunha soleira para a pista polideportiva. A maiores da instalación eléctrica, tamén se destinaron recentemente outros 15.000 euros para a execución de dúas cubertas.Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcalde da localidade, Telmo Martín, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, a concelleira de Educación, Paz Lago, o equipo directivo, así como por responsables da Unidade Técnica de Educación.
Inicio crb