RIBEIRA> A construción do polígono industrial de Pedras Vermellas dá un paso definitivo co anuncio por parte da Xunta de Galicia de sacar a licitación antes do remate deste ano 2026 do proxecto de urbanización, unha vez adaptado o seu proxecto técnico e económico.
Foi a propia conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, a encargada, xunto co alcaldesa. María Sampedro, de dar este anuncio durante unha xuntanza co empresariado local.
Segundo ela esta actuación forma parte dunha estratexia máis ampla do Goberno Galego, que busca dotar de máis chan industrial A toda a comunidade, dando así resposta a ampla demanda existente
Dende o Concello celebraron tamén este importante anuncio, que vén a refrendar o compromiso do Goberno Galego co tecido empresarial de Ribeira que sentará as bases do crecemento industrial do municipio de cara a 2027.











