A ampliación das Urxencias no Hospital do Barbanza estará lista en xullo

RIBEIRA> As novas Urxencias do Hospital do Barbanza serán unha realidade este verán. O Conselleiro de Sanidade visitou as obras de ampliación do servizo que suporán un investimento próximo ó millón e medio de euros.

Jesús Vázquez Almuíña visitou á as obras de ampliación das Urxencias do Hospital do Barbanza. Os traballos, que estarán listos no mes de xullo, permitirán dotar ó servizo de preto de mil metros cadrados de nova superficie ademais de supoñer unha reorganización dos espazos para mellorar a capacidade de atención.

As obras, que supoñen un investimento de millón e medio de euros, estanse a executar por fases para minimizar o impacto sobre o servizo.

Con respecto ás numerosas incidencias das últimas semanas e ás queixas formuladas por profesionais de urxencias de varios hospitais e centros de saúde, o Conselleiro asegurou que se están  a adoptar as medidas necesarias para reforzar a atención e reducir os tempos de espera.