Portos presenta experiencias diferentes e únicas en Fitur

MADRID> Portos de Galicia tamén aproveitou a feira de FITUR para dar a coñece-lo potencial náutico da nosa comunidade. O ente autonómico aposta pola diversificación de actividades nos portos de titularidade galega. O que se pretende é atraer a un público amplo, na procura de experiencias tan diferentes como únicas.

Portos de Galicia presume en FITUR do potencial naútico da nosa comunidade. As instalacións naúticas galega ofrecen ó visitante un senfín de opcións, adaptandose ás necesidades máis específicas. A isto hai que engadir o enclave privilexiado da nosa terra.

Instalacións que van dende os portos nos fondos de ría, axeitados para os invernos, /e servizos no litoral, pensados para a primavera e o verán. Unha infraestrutura, en definitiva, de primeiro nivel que capta a atención do visitante internacional.

A estratexia de Portos pasa tamén pola diversificación das propostas pensadas para o turista.

Proba do potencial náutico da nosa terra, as próximas competicións que se van disputar en augas de Sanxenxo. Ademais da Copa de España dos vindeiros 3 anos, no 2020 celebrarase o Campionato de Europa e no 2021 o do Mundo.