Conclúe o congreso de turismo industrial de Ferrol

GALICIA> Máis de 40 empresas se reuniron para despedir o evento.

Empresas, institucións públicas e profesionais autónomos déronse cita hoxe nunha xornada profesional coa que se puxo fin ó III Crossroads of Europe e V Congreso Europeo de Turismo Industrial celebrado durante toda a semana na vila ferrolá. O obxectivo deste evento, coordinado desde a Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Deputación de A Coruña coa colaboración de AJE Ferrol e o campus universitario, foi poñer en contacto a representantes de distintas empresas que traballan no segmento do turismo industrial e cultural ca intención de crear sinerxias e favorecer o desenvolvemento de novos proxectos. O 70% das empresas presentes eran galegas, pero tamén houbo participantes do País Vasco, Cataluña, Andalucía, Castilla la Mancha, Murcia ou Portugal. O vicepresidente da Deputación, Antonio Cañás, presidiu a clausura do encontro e destacou o éxito deste congreso. Ademais, animou ás empresas a seguir traballando polo liderazgo de A Coruña como destino líder neste segmento.