Aumentan os roubos e atracos na parroquia de San Salvador

POIO > Os veciños de Poio denuncian os continuos roubos e atracos que están sufrindo na parroquia pola falta de iluminación. Ademais, esixen que exista un servizo nocturno de Policía Local e non descartan acudir aos tribunais para pedir ao Concello que cumpra coa a súa obriga.

Os veciños de San Salvador denuncian os cortes de luz que están sufrindo na parroquia e que supoñen unha inseguridade para todos os cidadáns. Ademais, aseguran que o número de roubos e de atracos aumentaron nos últimos meses e que cada día hai máis trapicheos de drogas.

Os veciños levan un ano e medio denunciando esta situación e esixen ao Concello de Poio máis seguridade cidadá, un servicio nocturno de policía e solucións técnicas para o problema da iluminación.

A Plataforma de Afectados de San Salvador non descarta, incluso, acudir aos tribunais.

A parroquia de San Salvador é a máis poboada de Poio e, actualmente, segundo os veciños, a máis abandonada polo Concello.

Comments are closed.