O IES Luis Seoane foi premiado por un proxecto de igualdade de xénero

PONTEVEDRA > O Instituto Luis Seoane de Monte Porreiro foi premiado recentemente pola iniciativa “Obxectivo: Igualdade”. Un proxecto que naceu fai catro anos para fomentar a igualdade de xénero entre os alumnos de secundaria.

O alumnado do Instituto Luis Seoane de Monte Porreiro foi premiado recentemente pola posta en marcha dun proxecto de innovación en Igualdade. O centro é moi coñecido polas diversas iniciativas que leva a cabo todos os anos.

A actividade tivo gran acollida no centro e, sobre todo, nas aulas, onde se comezou a valorar máis a importancia da igualdade de xénero como valor social e persoal.

A proposta desenvolveuse ao longo do curso no instituto grazas á implicación persoal dos estudantes contra a violencia machista.

O premio que recibiron en Madrid ten moito que  ver coa traxectoria e coa continuidade no programa de igualdade. O xurado premiou a súa persistencia, xa que non se trata dunha iniciativa illada e puntual. Dende o centro, xa puxeron en marcha diversas actividades que seguen a mesma liña.

Grazas a iniciativas coma esta o panorama social e educativo está cambiando cara un novo modelo máis comprometido e concienciado en materia de inclusión e igualdade de oportunidades.

Comments are closed.