O concello de Pontevedra perfila un orzamento de 71 millóns para 2016

PONTEVEDRA> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

No concello de Pontevedra traballan xa na elaboración dos presupostos para o 2016. Unhas contas que, segundo a previsión do goberno local, superarán os 71 millóns de euros e terán carácter ‘expansivo’. Preto de dez millóns e medio destinaranse a investimentos. A intención é contar coa contribución de tódolos grupos da oposición para pechar o documento final e levalo a pleno a principios de decembro.

 

 

Pontevedra contará o próximo ano cun presuposto próximo ós 71 millóns de euros. A cifra final quedará fixada unha vez que o goberno local consulte cos catro grupos que completan a corporación municipal as achegas que estas formacións queiran realizar. E é que segundo o portavoz do executivo, a intención do goberno é que estas sexan unhas contas  o máis consensuadas posible.

 

A distribución das contas quedaría grosso modo do seguinte xeito: 20,2 millóns destinaríanse ó capítulo de persoal, que sobe debido ó aumento do 1% do salario dos funcionarios aprobado polo goberno central. O gasto corrente consumirá 32.1 millóns; a transferencias correntes destinaranse 4,8 e a amortizacións de crédito 2,8. No tocante a investimentos, resérvanse 10,7 millóns, dous e medio procedentes do novo crédito que solicitarán e os restantes sairán do aforro municipal. Entre as actuacións previstas:

 

Non se contempla polo de agora partida para construír a planta de compostaxe da Canicouva.

 

En canto á débeda, Raimundo González apunta a que no próximo ano se reducirá en preto de 300.000 euros. A intención do goberno local é levar estas contas a pleno a principios de decembro.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/XGL_PONTEVEDRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/XGL_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}