Conta atrás para unha nova edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia

PONTEVEDRA >  A Deputación de Pontevedra publicará mañá as bases que rexerán a participación dos diferentes expositores que poderán formar parte do Concurso Exposición Internacional da Camelia.

Comeza a conta atrás para a LV edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia que se celebrará no Recinto Feiral o 9 e o 10 de marzo. As bases cos detalles da convocatoria para os que queiran formar parte da exhibición sairán mañá publicadas no Boletín Oficial da Provincia. O prazo para inscribirse estará aberto dende o xoves ata o 5 de marzo.

En canto o contido, nesta nova edición a Deputación de Pontevedra quere centrarse na parte produtiva e de usos alternativos da camelia.

Con este evento, a institución provincial espera superar as cifras obtidas na anterior edición.

Na exposición tamén haberá un showcooking a cargo de Iñaki Retal e una parte máis turística onde se presentará un libro editado pola institución provincial, “Os xardíns históricos da provincia de Pontevedra”.