Pouca ameixa na volta á actividade dos mariscadores ribeirenses

RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira volveron esta semana a faenar nas súas autorizacións tras un mes de peche. Os resultados destas primeiras xornadas non cumpriron coas expectativas: pouco marisco e prezos baixos.

A agrupación de mariscadores de Ribeira decidiu parar un mes trala campaña de Nadal co fin de darlle un respiro ós bancos e mellorar as cotizacións coa suba da demanda. Nin unha cousa nin a outra. A volta ó traballo deixa malas expectativas entre os profesionais que comprobaron que a ameixa segue a escasear.

Os prezos tampouco axudas e seguen mantendo valores bastante baixos. A ameixa babosa non chegou ós quince euros mentres que a rubia acadou un valor máximo de sete e medio.

Pola contra, o reló está a roldar os catro euros. Esta especie complementaria supón un alivio para o peto dos mariscadores posto que contan cun tope de quince quilos.

A pesar destes malos resultados, os mariscadores confían en alongar a campaña ata finais de marzo.