#Cambadosnamora en San Valentín

CAMBADOS> Cambados quere namorarnos por San Valentín. O concello e Zona Centro preparan unha campaña para atraer compradores ao comercio local. Ademais dun concurso fotográfico nas redes sociais, tamén teñen programados tres concertos que animarán a fin de semana no casco histórico cambadés.

O Día de San Valentín ten hashtag propio en Cambados. #Cambadosnamora é a etiqueta para participar da campaña posta en marcha polo concello e Zona Centro.

Os tres photocalls foron elaborados polo Obradoiro de Cambados, e distriburanse polas prazas do concello, Asorey e Alfredo Brañas. Ademais, o día 14 de febreiro reforzarase a campaña para facilitar a participación dos veciños.

A campaña #Cambadosnamora complétase con concertos polas diferentes prazas da vila, que se celebrarán do 15 ao 17 de febreiro.

A fotografía máis votada recibirá un pack dunha fin de semana romántica. Para a segunda haberá unha cea para dúas persoas, mentres que entre os participantes sortearanse tres packs de Paco y Lola.

Comments are closed.