6 concellos da provincia realizarán o 100% do seu compost para finais do 2018

Pontevedra> Para finais do 2018 dende a Deputación de Pontevedra agardan que seis concellos da provincia estean compostando ao 100 % os seus residuos orgánicos. O que significa que a finais dese ano, e neses concellos, desaparecerá o colector verde no que se deposita todo o mesturado. Unha supresión que determinará se o proceso funciona ou non. O vicepresidente da Deputación analizou o plan revitaliza, nunha rolda onde anunciou que 6 concellos que realizan ben a compostaxe non se adheriron a segunda fase do plan revitaliza, entre eses concellos están o de Ridadumia, A Illa e Sanxenxo. Dos 29 concellos que seguirán na segunda fase do plan, 19 pediron a elaboración do plan de actuación e 6, Modariz, Mondariz Balneario, Vilaboa, As Neves, O Grove e Pontevedra entran de cabeza nesta segunda fase. Deses 6 concellos, 5, todos menos Pontevedra recibirán unha subvención de 1 millón 194 mil 410 euros. Dende a Deputación agardan que para finais do 2018 eses seis concellos da provincia estean compostando ao 100 % os seus residuos orgánicos. O que significa que a finais dese ano, e neses concellos, desaparecerá o colector verde no que se deposita todo o mesturado. Estes seis concellos serán así os primeiros de Galicia en cumprir o obxectivo mínimo do 50 por cento que marca a directiva europea para o 2020.