Melloras en diferentes viais de Vilariño e Castrelo

CAMBADOS> O edil José Ramón Abal visitou as obras de mellora do vial de Sameiro en Vilariño. Unha mellora que permitirá ensanchar esta estrada, mellorar a iluminación e tamén a seguridade viaria de esta zona cambadesa.
As parroquias de Vilariño e Castrelo están estes días a sufrir diferentes obras coas que mellorar a seguridade viaria en diferentes viais. Este mércores o edil José Ramón Abal visitou o que se está realizando entre Vilariño e Sameiro.
Estas melloras dan solución a unha demanda dos veciños que transitan por estes camiños a diario. Esta intervención vai con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e ten un orzamento de 35.000 euros.
Estase a traballar tamén en Castrelo en dúas actuacións, unha no vial de acceso a praia das Saíñas e outro na zona do Facho que da acceso as depuradoras e o estaleiro que se sitúa na zona.

Comments are closed.