Néstor Rego: ‘Galicia debe ter voz en Madrid’

RIBEIRA> A apenas tres días da cita electoral, as distintas formacións apuran as horas para o peche da campaña coa realización de diversos actos. O candidato do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, achegouse esta mañá a Ribeira para volver a incidir na necesidade de que Galicia teña capacidade para decidir en Madrid.

Co práctica totalidade dos alcaldables da comarca por esta formación para as eleccións municipais, o responsable comarcal, Luís Pérez Barral, e xunto tamén ao candidato ó Senado, Xosé Deira, Néstor Rego, incidiu en Ribeira na necesidade de que o BNG acade este domingo representación en Madrid, para que Galicia teña voz naqueles asuntos de maior interese para o País, e tratar así de mellorar as condicións de vida dos galegos poñendo coma exemplo o acontecido coa solicitude da transferencia da AP-9 ou a caída nun 65% dos investimentos nos últimos Presupostos do Estado.

Puxo coma exemplo desta indiferenza a situación pola que atravesa o sector marisqueiro e pesqueiro galego, que segundo el deberan ser un referente, e que padecen as políticas de reconversión impulsadas polos diferentes gobernos do Estado e da Unión Europea