“Come ben, medra mellor” promove unha alimentación saudable en Cambados

CAMBADOS> Promover a importancia da alimentación saudable ese é o obxectivo que se marcan dende o obradoiro de Dinamización de Tempo Libre do concello de Cambados. Unha iniciativa que segundo prevén será extensible ao resto de centros escolares do municipio.
Os peques do cole de Corvillón en Cambados, tiveron este mércores un remate de mañá diferente ao do resto de xornadas lectivas. Membros do Obradoiro de Emprego de garantía Xuvenil do Concello achegáronse ata o centro para explicar os beneficios dunha alimentación saudable.
“Come ben , medra mellor”, como así se chama esta iniciativa intenta a través de xogos promover este tipo de alimentación.
Primeiro foi o cole de San Tomé, agora tocoulle a quenda ao de Corvillón, dende este obradoiro prevén poder estendelo a todos os centros educativos da localidade.

Comments are closed.