Os hostaleiros de Ribeira promoven unha novidosa campaña para dinamizar o entroido

RIBEIRA> Os hostaleiros de Ribeira puxeron en marcha unha campaña de dinamización do entroido. O obxectivo desta iniciativa, que conta coa colaboración do concello, é manter a afluencia de xente durante o luns de carnaval posto que este ano non será festivo local.

Tan doado como compartir unha foto nas redes sociais co hastagh #lunsdeentroidoribeira. Aqueles que realicen esta pequena acción entrarán directamente no sorte de vales por valos de vinte euros para consumir na hostalería de Ribeira durante o luns de entroido.

Trátase dunha iniciativa promovida por trinta e cinco locais do municipio que recadaron catro mil euros para promover esta campaña co fin de manter a actividade durante o luns de entroido, unha data clave para os ingresos deste sector.

A pesar de que o martes de entroido, por primeira vez en varias décadas, non será festivo local tanto dende o concello como dende o propio sector agardan manter a afluencia de xente.

O concello colabora coa iniciativa dos hostaleiros a través de actividades paralelas como concursos de disfraces e a contratación de charangas e animación de rúa.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí