A Ponte do Burgo, sen acceso ó tráfico a partir do 7 de marzo

PONTEVEDRA> A Ponte do Burgo prohibirá o acceso ó tráfico a partir da próxima semana, así o anunciou o goberno local. Iso si, os traballos comezarán mañá, co desmonte da rotonda e a inspección dos técnicos do Concello para comprobar o estado da ponte.

O Concello reuniuse esta mañá coas empresas que levarán a cabo as obras de peonalización da Ponte do Burgo. Tras o encontro, o goberno local confirma xa que dende o xoves 7 de marzo, estará prohibida a circulación dos vehículos pola ponte. O traballo comezará mañá, co desmonte da rotonda que está situada entre Domingo Fontán e a Avenida de Coruña e cunha inspección por parte dos técnicos municipais para comprobar o estado da ponte.

A pesar de que a partir do xoves que ven, non se permitirá o paso dos vehículos, sempre que sexa posible, o Concello espera poder manter a circulación dos peóns.

Tras esta primeira fase, levarase a cabo o proxecto da iluminación. E en total, o Concello asegura que as obras de peonalización da ponte prolongaranse un ano.

Comments are closed.