PONTEVEDRA> Miguel Anxo Fernández Lores anunciou esta mañá que seguirá ao fronte do BNG durante os vindeiros catro anos. Ademais, tras reunirse onte cos afiliados, o alcalde en funcións abriu as portas a un posible goberno en coalición co Partido Socialista.
O bipartito entre o BNG e o PSOE está enriba da mesa. Así o anunciou esta mañá Miguel Anxo Fernández Lores, tras celebrar onte unha asemblea cos afiliados.
Lores comprometeuse esta mañá a rematar o vindeiro mandato. O facía en resposta ás declaracións do Partido Popular nas que lle pedían que garantise publicamente a súa intención de quedarse na Alcaldía os próximos 4 anos.
Con esta confirmación por parte de Lores, haberá que esperar para saber se Rafa Domínguez cumpre coa súa palabra e non presenta a súa candidatura a investidura o próximo 15 de xuño. De momento, o alcalde en funcións aproveitou a ocasión para pedirlle aos populares que presenten un proxecto para Pontevedra.
Na asemblea que celebrou onte o BNG, os afiliados mostráronse satisfeitos do traballo realizado e valoraron positivamente os resultados electorais que situaron aos nacionalistas como primeira forza, de novo, en Pontevedra.