Amencer-Aspace contará con sete novas prazas públicas

PONTEVEDRA> Os centros de día de Amencer-Aspace contarán con sete novas prazas públicas máis. A Xunta de Galicia inviste así máis de 87.000 euros nestas instalacións co obxectivo de seguir atendendo ás persoas con parálise cerebral.

A conselleira de Política Social aproveitou a súa visita ás instalacións de Amencer-Aspace para anunciar a concesión de sete novas prazas públicas. A partir de agora este centro de día pasará por tanto, a ter 39 postos a disposición dos galegos con parálise cerebral.

Fabiola García destacou tamén na súa visita o excelente traballo que realiza esta entidade na cidade de Pontevedra.

A Xunta de Galicia investiu nestas novas 7 prazas, máis de 87.000 euros co obxectivo principal de seguir atendendo máis e mellor ás persoas con parálise cerebral.

106 millóns de euros que non serven soamente para consolidar as prazas de discapacidade existentes, senón tamén para continuar incrementando o número de prazas públicas a disposición de todos os galegos e galegas.