Queres descubrir os segredos da Universidade Carlos Casares?

PONTEVEDRA> “Destapando Casares”. Ese é o nome da nova webserie creada polos alumnos da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Un proxecto enmarcado dentro do taller Celanova e no que participaron actores como Xavier Estévez, Guillermo Carbajo ou Ánxela Ríos.

Unha conta de Instagram ameaza con desvelar os segredos da Universidade Carlos Casares e os alumnos non pararán ata encontrar ao seu fundador. Esa é a trama de “Destapando Casares”. Unha webserie creada polos estudantes da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra e enmarcada dentro do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.

O equipo desta webserie está formado por 17 alumnos da facultade. Ademais, o proxecto contou coa participación de actores consagrados como Xavier Estévez, Ánxela Ríos, Laura Calvo ou Guillermo Carbajo.

A webserie consta de 5 capítulos xa dispoñibles en Youtube. Pero Destapando Casares é moito máis que iso.

Os que queiran descubrir os segredos dos alumnos da facultade Carlos Casares deberán estar moi atentos ás redes sociais, porque soamente aí…