Xornada de loito no día Internacional da Bicicleta

Pontevedra> Neste 19 de abril, conmemorase o día mundial da bicicleta, e con motivo desta xornada dende a Asociación Pedaladas, en Pontevedra, quixeron render homenaxe a Jorge Varcácel. O mozo que morreu hai pouco máis dunha semana na 308 froito da violencia viaria. Dende esta entidade demandan máis precaución e respecto aos condutores. Neste 19 de abril conmemórase o día Mundial da Bicicleta. Unha xornada que tiveron moi presente dende diferentes entidades da cidade. A homenaxe nesta ocasión foi para Jorge Varcácel. O mozo que morreu hai pouco máis dunha semana na 308 froito da violencia viaria. En sinal de loito una bicicleta branca estará presente na saída da Catro Picos, unha carreira para a que Jorge estaba adestrando cando tivo o accidente. Os compañeiros de Jorge Varcácel piden ás administracións máis medios para que este tipo de sinistros non se volvan a producir. Dende estes colectivos leron un manifesto no que solicitan ao Concello de Poio que se faga unha campaña contra o estacionamento ilegal. A Xunta de Galicia lle piden tomar as medidas pertinentes para o calmado de tráfico con límites de velocidade correcto. E a Xefatura Provincial de tráfico que inicie unha campaña de concienciación entre os condutores de como se adianta a un ciclista legalmente, co fin de que se sancionen as condutas ilegais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/bici_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/bici.mp4{/flowplayer}