O Festival San Patricio teñirá Pontevedra de verde

PONTEVEDRA> Chega a Pontevedra o Festival San Patricio. Nesta novena edición, organizada polo Mareantes Rugby Club, haberá unha gran oferta gastronómica e musical. O evento celebrarase nunha carpa situada na Praza de España dende o día 14 ata o 19 de marzo.

O Mareantes Rugby Club quere volver a teñir a cidade de Pontevedra de verde no Festival San Patricio. Este evento, que celebra a súa novena edición, busca difundir o rugby na Boa Vila e achegar a todos os pontevedreses a cultura irlandesa.

O festival levarase a cabo nunha carpa situada na Praza de España na que non faltarán diversos tipos de cervexa e unha gran oferta gastronómica. Os prezos manteranse con respecto o ano pasado e irán dende os 2 euros ata os 5, que será o prezo da tapa que ofrecerá o cociñeiro Pepe Solla.

O club pretende difundir así o deporte na cidade e recadar fondos para facer fronte os gastos derivados da súa actividade.

O horario da carpa será ininterrompido dende ás 12:00 ata ás 0:00 horas. 6 xornadas de festa nas que tampouco faltará a música. Cada día haberá dous pases a cargo de grupos locais, cos que se pretende unificar a cultura irlandesa coa pontevedresa.

 

Comments are closed.