O Camiño Portugués é o segundo con maior afluencia de peregrinos

PONTEVEDRA> O Camiño Portugués continúa crecendo e durante a Semana Santa situouse no segundo con maior afluencia de peregrinos. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nunha visita que realizou a Pontevedra e na que percorreu un tramo do traxecto.

As expectativas de ocupación hoteleira durante a Semana Santa superáronse en toda Galicia e nalgunhas zonas chegouse incluso ao 100%.

Unha das maiores sorpresas en canto o turismo na Semana Santa foi o camiño portugués que conseguiu situarse na segunda ruta con maior afluencia de peregrinos.

Para poñer en valor aínda máis o Camiño Portugués, o conselleiro de  Cultura e Turismo percorreu un tramo do traxecto xunto co candidato á alcaldía de Pontevedra, quen, a pesar do balance turístico positivo criticou a escasa promoción da Semana Santa na cidade.

O que está claro é que o turismo na cidade continúa medrando e estes datos son soamente un paso máis para converter a Pontevedra na capital do Camiño Portugués.