PONTEVEDRA> O teatro e a danza fanse un oco na aposta cultural da Deputación de Pontevedra. Hoxe presentouse +Escénicas, o primeiro circuíto da provincia dedicado a estas artes. No seu marco, púxose á disposición dos concellos pontevedreses de menos de 20.000 habitantes un catálogo con obras de case 300 compañías galegas.´
Entre outubro de 2024 e marzo de 2025, 105 espectáculos de teatro e danza representaranse nos pequenos concellos da provincia de Pontevedra. Será no marco do programa +Escénicas, o primeiro circuíto da provincia dedicado a estas artes.
+Escénicas permitiu ofrecer aos concellos de menos de 20.000 habitantes un catálogo con obras de 258 compañías teatrais e 28 de danza. Os municipios foron os encargados de escoller os espectáculos que se representarían nos seus territorios, cofinanciados ata nun 90% pola Deputación.
Pola súa banda, os representantes do sector recordaron que levaban xa 15 anos intentando poñer en marcha un circuíto cultural deste tipo na provincia.
Dende a Deputación explican que a posta en marcha de +Escénicas redondea a súa aposta pola cultura, que este ano conta cunha partida orzamentaria de 4,7 millóns de euros.











