O PP presentará unha moción no pleno municipal sobre o caso da cuñada de Carmela Silva

PONTEVEDRA> O Partido Popular levará ao pleno municipal deste venres unha moción para solicitar a suspensión do plan de compostaxe. Os populares tamén debaterán sobre o caso da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra. Pola súa banda, Marea Pontevedra pedirá o apoio na sesión plenaria para a abolición dos crematorios.

O alcalde de Pontevedra presentou esta mañá as mocións que se debaterán no pleno municipal deste venres. Os temas máis destacados son a petición do Partido Popular pola suspensión do plan de compostaxe. Os populares tamén debaterán sobre o caso da cuñada de Carmela Silva. Sen embargo, O PSOE solicitou un informe do secretario municipal porque considera ilegal esta moción.

Outro dos asuntos que se levarán ao pleno municipal son os crematorios. Con esta moción, Marea Pontevedra busca protexer á veciñanza da Zona Leste da cidade da instalación destes incineradores.

O pleno deste venres será o penúltimo que se celebre antes das eleccións municipais. No mes de maio non haberá sesión plenaria e ademais, a campaña electoral levou ao Concello a adiantar a do mes de abril para o día 1.

Comments are closed.